Friday 26 de April de 2024

Entroido 2023 en Miño


O Concello de Miño presentou hoxe a programación de actividades para o Entroido, con opcións para todos os gustos e idades.

Darán comezo o sábado, 18 de febreiro, ás 21 horas cun gran cocido na pistas de Rabazal. Ás 23.00 horas continuará a animación coa orquestra Los Satélites e cun concurso de disfraces con grandes premios.

O domingo, 19 de febreiro, celebraranse os Cantos de Taberna na rúa Real e na rúa Carreira. Na mañá e tarde-noite do luns, 20 de febreiro, distintos establecementos de hostalería terán a tapa de entroido. Por último, os pequenos e pequenas poderán despedirse destas datas o martes, 21 de febreiro, cunha gran festa infantil nas pistas de Rabazal.